Escudo do Club Voleibol NoiaClub Voleibol
Noia

Faite socio/a

Forma parte desta nova aventura do noso club. Desfrutemos do que máis nos gusta xuntas e xuntos.

Ser socio ou socia do Club Voleibol Noia é máis ca apoiar un equipo dende fóra: é formar parte activa da nosa comunidade. Coa túa cota contribúes a manter vivo o proxecto deportivo do club, dende a base ata o primeiro equipo.

A cambio, tes entrada libre aos partidos de todas as categorías e descontos cos patrocinadores do club. Unha forma sinxela de estar preto do voleibol de Noia durante toda a tempada.

Categorías base do Club Voleibol Noia

Cotas de socio/a

Socio/a menor de idade

15€/tempada

  • Número de socio e antigüidade no club
  • Entradas nos encontros de todas as categorías
  • Oportunidade de ser recollepelotas nos partidos sénior
  • Vantaxes e descontos nos patrocinadores do club

Socio/a xeral

30€/tempada

  • Número de socio e antigüidade no club
  • Entradas nos encontros de todas as categorías
  • Votar nas asembleas xerais ordinarias
  • Desconto dun 10% nos produtos do club

Socio/a familiar (2 adultos e 2 nenas/os)

Proximamente

50€/tempada

  • Todas as vantaxes de socio/a xeral
  • Utilizar as instalacións fóra de tempada
  • Vídeo felicitación de aniversario

Socio/a protector/a

Proximamente

75€/tempada

  • Todas as vantaxes de socio/a familiar
  • Participar en directo no desenvolvemento dun partido
  • Colaborar como comentarista nos partidos sénior
  • Importancia relevante para a institución
Faite socio/a aquí