CV Noia · resultados · Juvenil Femenino
Emeve Colexio San Lorenzo - CV Noia
9 de novembro de 2026Comunicación CV Noia

Nesta ocasión o equipo Xuvenil Feminino do CV Noia saía cara Lugo para xogar contra o Emeve Colexio San Lorenzo. Un partido cargado de ausencias da plantilla habitual que fixo que o corpo técnico tirase de canteira e utilizase 5 xuvenís, 6 infantís e unha cadete. Plantaron cara e deron todo pero o resultado (3-0) con parciais de 25/11; 25/11; 25/20 non deixa contentas ás nosas mozas pero ilusionadas.

