Club Voleibol Noia
O voleibol vívese en Noia
Máis de 35 anos formando xogadoras e xogadores en Noia, dende os primeiros toques ata a Primeira División Galega.

Actualidade
Últimas noticias
O máis recente do club, resultados e eventos.
Arranca a Liga de Apertura: infantís e xuvenís xogan este sábado
O noso xuvenil visita o Ribeira Sacra ás 12:00 e o infantil xoga na pista do Xuvenil de Teis ás 17:30.
Ler máis
Primeiro partido da tempada para as nosas cadetes
Primeiro partido das nosas xogadoras cadetes nesta nova tempada.
Ler máis
Xornada de portas abertas: Proba o volei con nós!
O club abre as portas do pavillón Alonso Rodríguez o xoves 3 de setembro para que calquera interesado poida probar o deporte e vivir un adestramento do CV Noia dende dentro.
Ler máis
O club
Un club feito por e para a xente de Noia
O Club Voleibol Noia nace no ano 1991, comezando cun só equipo. Ao longo da nosa historia tanto o equipo sénior masculino como o feminino lograron varios campionatos galegos, ademais de participar en varias fases de ascenso á primeira división nacional. O equipo feminino xogou varios anos nesta categoría, tendo a oportunidade de xogar a fase de ascenso á liga FEV no ano 2008. Hoxe en día, os dous equipos forman parte da 1ª división galega. O club ten equipos en todas as categorías inferiores, logrou varios campionatos galegos, participou en campionatos de España e ano tras ano consolidouse como club de canteira, tendo un crecemento considerable, sobretodo dende a pandemia, sendo hoxe en día un club con máis de 150 fichas; algo nada sinxelo sendo un deporte minoritario nun pobo onde a oferta deportiva é moi ampla.
- Formación e valores por riba do resultado
- Club de canteira, con equipos en todas as categorías inferiores
- Escolas deportivas e organizador das xornadas XOGADE
- Compromiso coa vila de Noia e coa comunidade local
Onde xogamos
O noso pavillón
Pavillón Alonso Rodríguez
Como chegarAdestramentos
Grazas
Patrocinadores e colaboradores
Empresas que fan posible o día a día do club.
















































Únete ao Club Voleibol Noia
Abertas as inscricións para a tempada 2026/2027.