Escudo do Club Voleibol NoiaClub Voleibol
Noia

Arranca a Liga de Apertura: infantís e xuvenís xogan este sábado

18 de setembro de 2026Comunicación CV Noia

Este sábado arrinca a «Liga de Apertura» para as categorías infantil e xuvenil, unha competición que determinará a división na que xogarán os equipos durante a nova tempada, que comeza a mediados de outubro.

O noso equipo infantil xoga ás 17:30 na pista do Xuvenil de Teis, un club que a tempada pasada militou en Primeira División. Será un partido complicado, pero dende o club confiamos plenamente en que as nosas xogadoras darán a cara e loitarán por cada punto, como sempre fan.

Pola súa banda, o noso equipo xuvenil visita ás 12:00 a pista do Ribeira Sacra, que tamén xogou en Primeira División a tempada pasada. As nosas xogadoras están preparadas para dalo todo e demostrar que poden optar ao ascenso de categoría nesta nova tempada.

Dende o club queremos transmitirlle todo o noso ánimo ás xogadoras neste inicio de tempada. Estamos seguros de que este fin de semana farán un gran traballo e darán o máximo. Ánimo, rapazas!