Infantil Femenino · CV Noia · resultados
Vitoria das Infantís en Teis, Vigo.
26 de outubro de 2026Comunicación CV Noia

O partido disputado este domingo 25 de outubro na cancha de Teis, Vigo entre o equipo local Infantil Feminino Xuvenil de Teis A e o CV Noia volveu reflectir un (1-3) a favor das nosas mozas con parciais de (15-25; 19-25; 25-16 e 20-25) o mesmo que ocorreu hai un mes cando se enfrontaron por ascender á liga de 2ª División Infantil Feminino. Partido entretido no que as de Noia xogaron ben aínda que por momentos parecían despistarse. Levan xa dúas vitorias consecutivas na liga.


