inscricións · xogadores
Xornada de portas abertas: Proba o volei con nós!

O Club Voleibol Noia organiza a súa xornada anual de portas abertas o vindeiro xoves 3 de setembro no pavillón Alonso Rodríguez. Calquera persoa interesada en probar o voleibol, sen necesidade de experiencia previa, está convidada a achegarse e participar nun adestramento con monitores e adestradores do club.
A xornada organízase por franxas horarias segundo a idade:
- 18:00 a 19:00: Benxamíns (nados en 2017 ou posteriores) e alevíns (nados en 2016 ou 2015).
- 19:00 a 20:00: Infantís (2014 ou 2013) e cadetes (2012 ou 2011).
- 20:00 a 21:00: Xuvenís (2010 ou 2009), júnior (2008 ou 2007) e senior (2006 o anteriores).
Non é necesario traer equipamento especial, só roupa e calzado deportivo cómodo. Será unha boa oportunidade para coñecer o club, o corpo técnico e o ambiente de adestramento antes do inicio da tempada.
Para máis información pódese contactar co club mediante o correo electrónico clubvoleinoia@gmail.com ou a sección de contacto desta páxina web.
Vén probar sen ningún tipo de compromiso!
Máis noticias
Arranca a Liga de Apertura: infantís e xuvenís xogan este sábado
O noso xuvenil visita o Ribeira Sacra ás 12:00 e o infantil xoga na pista do Xuvenil de Teis ás 17:30.
Ler máis
Primeiro partido da tempada para as nosas cadetes
Primeiro partido das nosas xogadoras cadetes nesta nova tempada.
Ler máis
Nova páxina web do club
Estreamos o novo sitio web do club para a tempada 2026-2027: nova identidade visual, información completa sobre equipos e categorías, retransmicións en directo e moito máis.
Ler máis