Xuvenil de Teis vs CV Noia

O sábado pasado, o noso equipo infantil disputou o seu primeiro partido da tempada na pista do Xuvenil de Teis; un encontro que determinaría se competirían na Primeira, Segunda ou Terceira División este ano. O partido comezou ás 17:30 h e foi unha loita moi disputada contra un equipo que xogara na Primeira División a tempada anterior, mentres que o noso militara na Terceira. O noso equipo gañou o primeiro set por 20-25. No segundo, as nosas xogadoras mantiveron a concentración e tamén o gañamos nós, por 18-25. O terceiro set foi o máis reñido e tenso, caendo finalmente do lado do equipo local por 30-28. O cuarto set tamén foi unha batalla, pero na recta final decantouse ao noso favor —20-25—, asegurándonos a vitoria no partido por 1-3 e, polo de agora, o ascenso á Segunda División. Aínda que as posibilidades de xogar na Primeira División son moi escasas —un obxectivo difícil—, as nosas xogadoras son capaces de conseguilo.
Máis noticias

ribeira sacra vs CV Noia
liga apertura
Ler máis
Arranca a Liga de Apertura: infantís e xuvenís xogan este sábado
O noso xuvenil visita o Ribeira Sacra ás 12:00 e o infantil xoga na pista do Xuvenil de Teis ás 17:30.
Ler máis
Primeiro partido da tempada para as nosas cadetes
Primeiro partido das nosas xogadoras cadetes nesta nova tempada.
Ler máis